CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música do Barco actuará no día grande das Festas da Santa Rita no Barco

O concerto está previsto para as 14h. na praza José Otero da vila
A Banda de Música do Barco tocando na procesión da Santa Rita do pasado ano no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Primeiro na procesión e despois nun concerto, a Banda de Música do Barco porá son á xornada central das Festas da Santa Rita no Barco. Así, acompañará coas súas melodías o percorrido da imaxe da santa polas rúas da vila a partires das 12h. do día 22 de maio.

Despois, ao rematar a misa, ofrecerá un concerto na céntrica praza José Otero. Comezará arredor das 14h. e nel os músicos, dirixidos por Manuel Prada, interpretarán un variado repertorio onde non faltarán pezas como pasodobres e bandas sonoras de filmes, ademais dalgunha que outra novidade.

 

Manuel Prada dirixindo á banda no concerto da Santa Rita do ano 2017./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close