ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Banda de Música do Barco déixase envolver polo cine

Na tarde do 22 marzo ofrecía un concerto de coñecidas bandas sonoras no Teatro Lauro Olmo do Barco

A música levaba ao cine e o cine á música. A sétima arte ocupaba un lugar central no concerto que a Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos, ofrecía na tarde do 22 de marzo no Teatro Lauro Olmo da vila. Os instrumentistas subíanse a un escenario especialmente decorado para a ocasión con antigos rollos de películas, entre outro material cinematográfico. Ademais cada unha das pezas que interpretaban íanse acompañando de proxeccións de determinadas partes de filmes.

Así dentro do repertorio podían escoitarse as melodías de “Flash dance”, “Cinema Paradiso”, “The Pink Panther”, “Titanic”, “La Conquista del paraíso”, “Titanic”, “Grease”, “Xogo de Tronos” ou “Gladiator”. Tampouco faltaban temas cinematográficos como “No llores por mí Argentina”, entre outros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button