CulturaCulturaFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosMúsica

A Banda de Música do Barco engaiola ao público

Entre aplausos, e cun Teatro Lauro Olmo cheo de público en pé, concluía a actuación que a Banda de Música do Barco ofrecía na noite do 13 de setembro. Segundos antes escoitábase, xa nos bises, as pezas “Amparito Roca” e “Moliendo café”, o broche do concerto.

Nel esta formación musical barquense, que contaba con dúas convidadas de Arzúa entre os seus compoñentes (Alba e Iria), despregaba un repertorio moi variado no que non faltaban os pasodobres, bandas sonoras de películas xunto con outro tipo de temas como “Hey Baby”, “Amigos para siempre” ou un popurrí de músicas de debuxos animados e películas infantís “adicado aos máis pequenos da casa”, en palabras do director da banda, Manuel Prada Ramos. Houbo tamén dedicatorias aos músicos, “que tocan de forma desinteresada”, e ás súas familias.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button