CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música do Barco estreará en Vilamartín o ciclo “Sons de Banda no Camiño de Inverno”

Incluirá catro actuacións ata a primavera noutras tantas vilas polas que pasa esta ruta xacobea

A Banda de Música do Barco durante un concerto en setembro./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

O vindeiro 28 de setembro ás 20h. porase en marcha na praza José Luis Núñez de Vilamartín de Valdeorras o ciclo “Sons de Banda no Camiño de Inverno”. Trátase dunha serie de actuacións nas que se intercalarán as melodías da Banda de Música do Barco con historias e lendas ligadas ao Camño de Santiago. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

En total serán catro concertos, o primeiro dos cales será neste outono en Vilamartín. Nesta primeria actuación a banda que dirixe Manuel Prada Ramos estará acompañada polo contador de historias Eladio Santos Martínez (Gargallada Teatro).

O ciclo continuará na primavera con concertos na Rúa (tamén con Eladio Santos) e no Barco e en Monforte de Lemos (onde tamén participará a banda de música desta localidade). Nestas dúas citas estará a contacontos Paula Carballeira. Nun destes espectáculos tamén se contará co artista valdeorrés Roi Domínguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button