CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A Banda de Música do Barco, o son das festas

Dende pasodobres a bandas sonoras, pasando por algunha peza galega. A Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos, demostraba, unha vez máis, a súa calidade sobre o escenario nun concerto cun repertorio variado e pensado para todo os públicos na noite do 13 de setembro nunha concurrida praza Andrés de Prada.

Comezaba con “Pretty woman”, para logo interpretar “Granada” e seguir cunha particular versión de música de debuxos animados, logo coa banda sonora de “Grease” e con temas como “Take five” ou “Let it be”. E así proseguía ao longo dunha hora nun animado recital, no que como tema final, antes dos bises, se escollía o pasadobre “Banda galega”, no que se incorporaba ao corpo de instrumentos unha gaita.

O director da Banda de Música do Barco, agradecía aos músicos a súa colaboración altruísta con este proxecto e tamén o apoio do Concello do Barco, así como a presenza das numerosas persoas que seguían esta actuación, enmarcada dentro das Festas do Cristo.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button