Galerías de fotosÚltima hora

A Banda de Música do Barco toca no “Luar”

Por segunda ocasión, a Banda de Música do Barco actuaba en “Luar”. Participaba neste programa da televisión galega o pasado vernes 22 de xuño. Nos primeiros minutos deste espazo interpretaba, baixo a dirección de Manuel Prada Ramos, a peza “Moliendo café” de José Manzo. Nesta galería de fotos pode verse unha imaxe do ensaio previo á emisión e outras da actuación.

 

Christian Escuredo no Luar.

A banda non era a única referencia valdeorresa deste programa, xa no concurso “Recantos” tiña unha participación especial o cantante e actor barquense Christian Escuredo como membro do xurado.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button