CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A Banda do Barco enceta en Vilamartín a súa ruta de sons polo Camiño de Inverno

Actuaba ante numerosas persoas na tarde do 28 de setembro na praza José Luis Núñez

 

Música e historias entrelázanse no novo proxecto que vén de estrear a Banda de Música do Barco. Trátase dun ciclo de catro actuacións, que levan por título “Sons de Banda no Camiño de Inverno”, que se iniciaba na tarde do 28 de setembro en Vilamartín. Numerosas persoas seguían esta actuación, que ía intercalada con relatos contados por Eladio Santos (Gargallada Teatro).

A banda barquense, que dirixe Manuel Prada Ramos, tocaba unha variada selección de pezas entre as que figuraban “De Granada a Daimiel”, “Vals nº2”, “Umha noite en Lisboa”, pasodobres como “Daniel Blasco”, “Suspiros de España” e “Amparito Roca”, bandas sonoras de filmes como “Flash Dance”, “Gladiator”, “Piratas del Caribe”, “Xogo de Tronos”, así como a de “Grease”.

Tampouco faltaban temas habituais no seu repertorio como “Banda galega”, “Abba Gold”, “No llores por mí Argentina” ou “New York”, entre outros.

Este ciclo terá continuidade na primavera con outros tres concertos na Rúa, O Barco e Monforte de Lemos.

 

Artigos relacionados

Back to top button