CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda Gin Toni’s actuará este sábado 7 de marzo no Bravo Lux, na Rúa

O concerto será a partir da 1 da madrugada con entrada gratuíta ata completar aforo

Gin Toni’s en concerto. /Foto: Musicsoft.

 

O Bravo Lux segue apostando pola programación de música en directo e para este sábado 7 de marzo ten prevista a actuación de Gin Toni’s.

A banda de versións fará parada na Rúa dentro da súa xira 2020, na que fai un percorrido polas versións dos mellores temas do pop-rock español, desde os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total …).

Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarán ao público ás Décadas Douradas da música Española, cun concerto que comezará a partir da 1 da madrugada, con entrada gratuíta ata completar aforo.

Artigos relacionados

Back to top button