Entre as numerosas actividades desta fin de semana no Barco non faltará a música. Así ás 23h. deste sábado está prevista a actuación da banda Moon Cresta, que está a presentar o seu novo traballo “Civil Fuzz Brigade”.
Actuará no Café Teatro Bajo 5, na zona vella da vila, e as entrada ao concerto terán un prezo de 10 euros.
Esta banda de “rock, funk, fuzz” está formada por catro compoñentes: o vilamartinés Manuel Ares (batería), David “Mr. D” (teclados e voz), Manu Doble L (guitarra) e Antón F. “Piru” (baixo).