CulturaMúsicaÚltima hora

A banda The Brew actuará en Ourense

O trío británico actuará o martes 17 de febreiro no Café Jam Session
The Brew . /Foto: Tony Mottram.
The Brew . /Foto: Tony Mottram.

Despois de dous anos, o trío brotánico The Brew regresa a Galicia para presentar o seu novo álbume de estudo titulado “Control”, o 5º da súa discografía, e celebrar co público galego os seus 10 anos sobre os escenarios.

Dentro dunha extensa xira por 16 cidades españolas, The Brew actuará os dias 17, 18 e 19 de febreiro en Ourense, Vigo e A Coruña respectivamente. Ourense será pois a primeira parada en Galicia, o vindeiro martes 17, a partires das 21:30h. no Café Jam Session.

Jason Miles Barwick guitarra eléctrica e voz principal, Kurtis Smith bateria, e Tim Smith baixo eléctrico e segunda voz, forman esta banda formada en 2005 en s Grimsby, ao noroeste do Reino Unido, converténdose nun dos grupos máis activos, en continua xira por toda Europa.

En febrero de 2014 publicábase “Control” e semanas despois o grupo poñíase en ruta para presentalo nunha gran xira europea. En España unicamente puderon facelo en 4 cidades e agora
volven para realizar unha extenso tour por 16 localidades.

Neste cuarto traballo de estudo, The Brew quixo ofrecer o poderoso son e a enerxía que caracterizan ás súas actuacións contado con Toby Jepson na produción. En “Control” destaca a nitidez e o poderoso son conseguido ao ter contado asemade con Stephen Harris para a mestura final e a masterización.

The Brew está entre os mellores power tríos europeos e nesta nova xira ademais de ofrecer actuacións de dúas horas presentando novos temas e outros dos seus discos anteriores, celebrarán col público os seus 10 anos de traxectoria.

Artigos relacionados

Back to top button