CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda viguesa Greenwater actúa mañá na Sala Baranda do Barco

A entrada para o concerto tributo a Creedence será de balde
Cartel do concerto de Greenwater.

Primeiro foi a Metallica, despois a Jimi Hendrix e agora a Creedence Clearwater Revival. Novembro é o mes das homenaxes aos grandes do rock na Sala Baranda do Barco que mañá, venres 16 de novembro, contará sobre o escenario con Greenwater, banda viguesa tributo a Creedence, o grupo californiano de rock popular a finais da década dos 60 e comezos dos 70.

O concerto forma parte do ciclo da Rede Galega de Música ao Vivo do Agadic e a entrada será de balde.

O último concerto do mes previsto polo Baranda, será o venres día 23 a cargo de The Mirage.

Artigos relacionados

Back to top button