ConcellosÚltima hora

A bandeira multicor, nos balcóns dos Concellos de Viana e do Barco

 

No marco da celebración o vindeiro 28 de xuño do Día do Orgullo LGTBI, o Concello de Viana do Bolo colgaba esta mañá nun dos balcóns do edificio municipal a bandeira LGTBI.

“En anos anteriores, dende o Centro de Información á Muller (CIM) víñanse organizando gran variedade de actividades para conmemorar este día entre a veciñanza vianesa (obradoiros nos centros de ensino, teatro, etc.)”, din dende o Concello de Viana, “porén, ante as novas circunstancias, as actividades de sensibilización quedaron suspendidas este ano 2020, pero dende o Concello non queremos deixar de promover a aceptación da diversidade sexual e a non discriminación”.

Tamén o Concello do Barco vén de sumarse á conmoración do Día do Orgullo, pendurando, un ano máis, a bandeira multicor da fachada do edificio multiusos do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button