ConcellosTrivesÚltima hora

A bandeira multicor ondea no Concello de Trives

Con este xesto esta administración local únese á conmemoración do "Mes do Orgullo"

 

Como xa sucedera o pasado ano, neste mes de xuño a bandeira multicor loce na fachada do Concello da Pobra de Trives no marco da celebración do “Mes do Orgullo LGBTI”.  “Simboliza a defensa da diversidade sexual e a liberdade individual de ser e sentir o que cada quen sexa e senta. Este ano máis que ningún outro, a vida lembrounos que temos data de caducidade, que todo pode cambiar nun segundo, que é prioritario aproveitar o noso tempo, cumprir o noso obxectivo de ser felices o tempo que pasemos aquí. Por iso é tan importante reivindicar o dereito de todas as persoas a ter unha vida plena e independente e a gozar da liberdade, sen ver ameazados os seus dereitos fundamentais e máis elementais por razón do seu sexo, identidade de xénero ou orientación sexual”, aseguran dende o Concello de Trives.

Nesa liña, o goberno municipal trives quere seguir “apostando por unha sociedade plural, que traballe por e para a plena inclusión de todos os colectivos, que visibilice a diferenza e a faga propia” e apoiará “todas aquelas políticas que favorezan o desenvolvemento de programas e proxectos de atención, información, sensibilización, formación e concienciación da diversidade sexual en todas as súas manifestacións”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button