DeportesÚltima hora

A barquense Ángela Bussieres, convocada de novo pola Selección Galega de Voleibol

A concentración, para preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas, será do 2 ao 4 de xullo en Quiroga

A barquense Ángela Bussieres (CV Ribeira Sacra).

 

As xogadoras de voleibol do Barco seguen destacando nos seus respectivos club. É o caso da cadete Ángela Bussieres que vén de ser convocada, xunto a outras dúas compañeiras do CV Ribeira Sacra (as infantís Saray González e Mencía Suárez), para as concentracións da Selección Galega de Voleibol.

As tres poranse ás ordes dos eleccionadores galegos durante os días 2,3 e 4 de xullo en Quiroga, onde prepararán o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA 21) que se celebrará do 15 ao 18 de xullo en Valladolid.

Tanto Ángela como Mencía xa son asiduas das concentracións tanto coa Federación Galega como coa Española, mentres que para Saray é a primeira vez, explican dende o club, satisfeito por estas convocatorias. “Sentímonos moi orgullosos de seguir aportando xogadoras á selección autonómica, o que nos anima a seguir traballando co deporte base que é o noso referente”, aseguran desexándolle ás tres xogadoras “que aprendan moito pero sobre todo que desfruten da experiencia”.

Artigos relacionados

Back to top button