A barquense Asunción Cruz Rodríguez cumpre 101 anos

O seu aniversario coincide co día de Santa Rita, 22 de maio

Asunción coa familia no Paseo do Malecón do Barco.

O 22 de maio foi un día moi especial no Barco de Valdeorras, sobre todo para a familia de Asunción Cruz Rodríguez xa que ademais de festexar o Día de Santa Rita, xuntábanse para celebrar o seu aniversario.

Nin máis nin menos que 101 anos cumpría o martes esta valdeorresa que se atopa nun estado fantástico tanto físico como mentalmente, ata o punto de que este domingo pensa exercer o seu dereito ao voto.

Asunción é natural do Barco e ten tres fillos (Rafael, Teresa e Elena, esta última casada con Herminio); dous netos (Juan Carlos casado con Mª Carmen e Patricia); e dous bisnetos (Carlos e Noelia).

 

Asunción Cruz Rodríguez coa tarta dos 101 anos.

Fotos: Foto Rufino.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies