DeportesEn portadaÚltima hora

A barquense Belén García, campioa de España Sub18 nos 400 valados

A súa compañeira no Club Adas, Lola Bouza, rozaba o podio na pértega ao quedar cuarta

 

A barquense Belén García, nunha competición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tiña opción de medalla e loitaba para conseguila. A barquense Belén García Arias, do Club Adas, vén de facerse co ouro no LXIX Campionato de España Sub18 que se está a disputar nesta fin de semana en Tarragona.

Tras clasificarse o sábado para a final, esta valdeorresa facíase ás 17h. deste domingo 18 de outubro co título nacional tras impoñerse na proba cun tempo de 1:01.54, que era ademais marca mínima persoal. Sacáballe 27 segundos á subcampioa da proba, Irune Muguruza (BATSS).

Ás portas do podio quedaba á súa compañeira de equipo Lola Bouza, que foi cuarta na pértega, cunha marca de 3,46. A outra valdeorresa que acudía á cita, Inés Docampo loitaba nas semifinais dos 1.500 m, pero non lograba clasificarse para a fins de hoxe.

Artigos relacionados

Back to top button
Close