En portadaÚltima hora

A barquense Belén García, ouro no campionato de España cadete e novo récord galego nos 300 m valados

Belén García, no campionato galego cadete celebrado no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Espectacular actuación da atleta valdeorresa Belén García Arias (Club Adas) no campionato de España por seleccións autonómicas cadete que disputaba nesta fin de semana no estadio Yago Lamela de Avilés (Asturias). Na primeira xornada desta cita nacional, o 16 de xuño, Belén García facíase co ouro na proba dos 300 m valados, na que rexistraba un novo récord galego ao completar a competición cun tempo de 43″73. É ademais a “mellor marca española do ano”, segundo se destaca dende o Adas.

Belén García tomaba novamente a saída neste domingo 17 de xuño nos relevos 4×300  xunto ás galegas Carla Pérez, Carmen González e Natalia Meaños. Rozaban o podio e finalmente acadaban unha cuarta posición para Galicia.

Xunto a Belén García estaba tamén neste campionato a súa compañeira no Adas Lola Bouza, que era sexta no salto de pértega. Estas dúas atletas eran as únicas valdeorresas neste campionato de España cadete por seleccións autonómicas.

Artigos relacionados

Back to top button