DeportesÚltima hora

A barquense Belén García, subcampiona de España Sub-16 en 60 mv

A atleta do Club Adas conseguía ademais un récord galego nesta categoría no campionato disputado en Sabadell
Belén García, coa súa medalla de prata./ Foto: Club Adas Proinor.

Soñaba con lograr unha medalla nun campionato de España e agora vén de facer realidade ese soño. Na fin de semana do 17 e 18 de marzo a atleta Belén García (Club Adas) competía nos campionatos de España Sub-16 de pista cuberta en Sabadell e lograba subirse o podio e recoller a medalla de prata nesta cita nacional na proba dos 60 mv. Facíao ademais conseguindo un récord galego cunha marca de 8″80.

Nesta competición española tamén participaban outros atletas do Adas que malia non conseguir metais, si realizaban unha boa actuación, tal e como se destaca dende este club valdeorrés de atletismo. É o caso de Luán Henrique nos valados, cun quinto posto na eliminatoria; Inés Docampo nos 600 m, cunha 13ª posición; e a perteguista Lola Bouza, que loitaba por achegarse aos 3.00 m.

 

Atletas valdeorreses en Sabadell./ Foto: Club Adas Proinor.

Artigos relacionados

Back to top button