CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A barquense Emma López, representante do Recanto de Ourense oriental, estréase esta noite en Luar

Os espectadores decidirán cos seus votos, se pasa á seguinte ronda

Emma López. /Foto: Luar.

 

Natural do Barco de Valdeorras, Emma López ten 22 anos e estudou Marketing, Publicidade e Xestión de Ventas. Gústalle o deporte, chegando a ser campioa galega de atletismo, pero sobre todo encántalle cantar, comezando nos festivais do colexio e estudando piano na Escola de Música do Barco, ata que se decidía a presentarse ao concurso musical da TVG, “Recantos” do Luar, no que respresenta a Ourense oriental (comarcas de Terras de Trives, Valdeorras e Viana).

A estrea de Emma en televisión será no programa desta noite e audiencia xogará un papel clave para que a barquense pase de ronda. Para iso pódeselle axudar de varias formas: chamando ao teléfono gratuíto 988 600 682 (España) 215 566 392 (Portugal) onde as 5 primeiras chamadas serán gratuítas; vía WhatsApp no 661 39 84 40 escribindo “VOTO Emma López”; en Facebook, na páxina oficial de Luar con “VOTO Emma”; ou Twitter, con “VOTO Emma” en @luartvg. En ambos casos hai que comentar a foto na que sae Emma co seu compañeiro.

As chamadas e mensaxes deberán facerse unha vez dean o aviso desde Luar de que se abren as votacións, ás 00:00 horas cando terminen as actuacións individuais. A artista non dubidará en dalo todo para poder compracer aos seus seguidores tal e como afirmou.

Artigos relacionados

Back to top button