CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A barquense Emma López volverá actuar mañá no Luar, na segunda fase de “Recantos”

Emma López, representante de Ourense oriental en “Recantos” do Luar (TVG).

 

Mañá, venres 15 de xaneiro, a cantante barquense Emma López volverá subirse ao escenario de Luar, na TVG, para seguir representando a Ourense oriental (Terras de Trives, Valdeorras e Viana), no concurso musical ‘Recantos’ do Luar.

Emma asegura que o seu é cantar, non compoñer, e entre as súas referencias musicais están artistas como Adele, Sia, Rihanna e mesmo Amy Winehouse ou Nina Simone. A súa estrea en televisión tiña lugar no programa emitido en directo o 23 de outubro de 2020 e coa súa interpretación de Congratulations, que conquistou ao xurado e sobre todo ao público, lograba ascender ata o segundo posto da clasificación con 32 puntos, logrando o pase directo á segunda fase.

Trala primeira fase deixaron o programa os catro últimos, con menos puntos, e o 20 de novembro comezaba a segunda fase con dúas novas actuacións cada venres. A de Emma será a última desta fase e as instrucións para votar por ela son as mesmas: chamando ao teléfono gratuíto 988 600 682 (España) 215 566 392 (Portugal) onde as 5 primeiras chamadas serán gratuítas; vía WhatsApp no 661 39 84 40 escribindo “VOTO Emma López”; en Facebook, na páxina oficial de Luar con “VOTO Emma”; ou Twitter, con “VOTO Emma” en @luartvg. En ambos casos hai que comentar a foto na que sae Emma co seu compañeiro.

As chamadas e mensaxes deberán facerse unha vez dean o aviso desde Luar de que se abren as votacións, ás 00:00 horas cando terminen as actuacións individuais.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button