CulturaCulturaÚltima hora

A barquense Fátima Delgado presenta o seu novo poemario no café teatro Bajo Cinco

O acto será o domingo 23 de decembro ás 19:30h. e contará coa presenza da autora acompañada por música electrónica
Fátima N. Delgado. /Foto: alprimervuelo.com

É poeta, actriz e dramaturga natural do Barco de Valdeorras e malia vivir en Madrid dende hai unha década onde mestura as tres facetas, nesta Nadal presenta en casa o seu novo poemario Ninfopoética editado por Urutau (Brasil)

En palabras do propio editor, Wladimir Vaz, “O libro de Fátima N. Delgado fainos recordar que todos nós precisamos rexuvenecer. É unha oda ao corpo, aos desexos e aos soños de xuventude. A autora envólvenos con ardor e fainos sentir vivos”.

A presentación terá lugar este domingo 23 de decembro ás 19:30h. no Café Teatro Bajo Cinco e contará con poesía en vivo na voz da propia autora do libro acompañada por música electrónica. Posteriormente abrirase o micro para que os poetas que queiran compartan os seus versos.

 

Cartel da presentación de Ninfopoética no Bajo Cinco, O Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close