CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A barquense Inés Docampo, unha das gañadoras do concurso de xoieiría do Coxga

De entre máis de 8.000 deseños o seu foi un dos convertidos en xoia que entregaron no acto celebrado no Auditorio de Santiago
Deseño feito pola escolar do Barco.
Deseño feito pola escolar do Barco.

ganador

Con motivo do día da Nai o primeiro domingo de maio, o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), convocaba por quinto ano consecutivo un concurso no que participaron nenos de toda Galicia entre os 0 e os 12 anos, a través dun debuxo que foi convertido nunha xoia para os doce gañadores.

Nesta edición, que tiña como lema “Deseña unha xoia para a túa nai” participaron 8.076 escolares de toda Galicia, tres dos finalistas da provincia de Ourense: Inés Docampo Gamarra de 11 anos e alumna do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras; Aida López Bernárdez de 10 anos e alumna do Carmelitas de Ourense; e Víctor Villamarín Paz de 10 anos e alumno do CEIP Castrelo de Miño.

Na tarde do venres 25 de abril, o Coxga fixo público os nomes dos gañadores e gañadoras do concurso. Nun auditorio con preto de 400 persoas, oitenta pequenos finalistas recolleron os seus diplomas uns minutos antes de que os doce premiados, entre os que se atopaba a barquense Inés Docampo, recibiran da man das autoridades e dos xoieiros presentes cadansúa xoia única e exclusiva creada por un profesional colexiado a partir do seu debuxo. Con esta iniciativa, o Coxga quere facer máis visible a profesión ante a sociedade, achegando os máis cativos ás posibilidades culturais e laborais que ofrece o sector da xoiaría.

Na categoría para os nenos e nenas entre 11 e 12 anos, atopamos á Inés Docampo Gamarra, de 11 anos e do Barco de Valdeorras, que recibiu a súa xoia da man de Santiago Riande Torres da EASD Mestre Mateo e máis de Francisco Javier Blanco Fernández, Presidente da Asociación de Xoieiros de Ourense.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de pechar o acto salientando na súa intervención “a imaxinación e o futuro que hai en Galicia, a creatividade que hai nos máis pequenos e que o Coxga canaliza a través deste concurso”. Núñez Feijóo pediulle ao Colexio que siga promocionando a artesanía galega cun certame tan exitoso e tan especial como este, “único en España”.

Fotos cedidas polo Coxga

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close