CulturaCulturaÚltima hora

A barquense Leticia Arias publica o seu primeiro libro, escrito con tan só 11 anos

"Diario de Sabrina" é unha novela de aventuras editado por Círculo Rojo

Leticia Arias Carbajo co seu libro./ Foto cedida.

 

As peripecias dunha moza de 13 anos que se enfronta a un novo e ilusionante pero tamén incerto curso escolar, centran a historia de Diario de Sabrina, unha novela de aventuras que vén de ser publicada pola editorial Círculo Rojo. Ata aí podería tratarse dunha de tantas obras literarias dispoñible en diferentes plataformas, se non fora porque foi escrita por unha nena.

Leticia Arias Carbajo, natural do Barco de Valdeorras con orixes tamén na Baña (vila da súa nai) e Candeda (vila do seu pai), ten agora 15 anos e estuda no colexio Divina Pastora do Barco pero escribiu a novela cando tiña tan só 11. “Gústalle moito e sempre está escribindo pero cando tiña este xa rematado leuno a súa tía e chamoulle tanto a antención que pensamos que tiña que publicalo, pero claro, buscar editoriais, enviar o manuscrito, as correccións, as ilustracións e demais levan o seu tempo”, explica a nai de Leticia. Por iso, non era ata decembro de 2020 cando Diario de Sabrina vía por fin a luz.

 

Portada da novela.

 

Trátase dun libro alegre, optimista e con moita arte, igual que a súa autora, que ten na escritura e tamén no debuxo dúas das súas principais afeccións. “Gústalle moito a saga de Harry Potter e ten feitos moitos debuxos dos protagonistas”, asegura a nai de Leticia, orgullosa da súa filla que tamén deseñou as ilustracións da novela, coidando ata o máis mínimo detalle.

 

Interior de “Diario de Sabrina”./ Foto cedida.

 

Un dos debuxos do protagonista de Harry Potter feito por Leticia. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button