DeportesKárateÚltima hora

A barquense Lucía Herrero, prata no Trofeo Príncipe de Asturias de karate co equipo galego de kumite sénior feminino

 

Tras uns meses de merecido descanso o karate volve á competición e, unha vez máis, con resultados destacados para os deportistas valdeorreses.

Na xornada deste sábado 23 de outubro, o equipo de kumite sénior feminino da Selección Galega de Karate, do que forma parte a karateka barquense Lucía Herrero Valcarce (KC River Stone), facíase coa medalla de prata no XLIII Trofeo Princesa de Asturias disputado no Pazo dos Deportes de Oviedo.

 

Os karatekas galegos participantes no campionato.

 

Na competición participaban equipos do Principado de Asturias, de Cantabria, de Castela e León, da Comunidade de Madrid e de Galicia, e o equipo feminino galego formado por Lucía Herrero Valcarce (KC River Stone), Ruth Lorenzo Couso (San Francisco Teo) e Lucía Guerrero García (Renbukan) lograba meterse na final tras gañar os catro encontros da súa liga, facéndose finalmente coa medalla de prata.

Ademais, hoxe pola tarde Lucía Herrero compite en kumite sub21 -50kg no campionato galego que se celebra en Ferrol (A Coruña).

Fotos: José María Rodríguez Martín (Chefo).

Artigos relacionados

Back to top button