DeportesÚltima hora

A base do Club ArcoBarco triunfa no campionato galego de tiro con arco

Guillermo Terán proclamábase campión galego en arco recurvo olímpico na categoría esquío

Excelentes foron os resultados obtidos polos arqueiros do Club ArcoBarco no campionato galego de tiro con arco celebrado esta fin de semana en Pontevedra, especialmente por parte dos máis pequenos.

Guillermo Terán López, o máis pequeniño, proclamábase campión galego en arco recurvo olímpico na categoría esquío mentres que Martín Real Calvo remataba a competición como subcampión na categoría benxamín. Ademais, o cadete Víctor González Escuredo foi o segundo clasificado en arco composto.

E xa na categoría absoluta, José Manuel Rodríguez conseguía a medalla de ouro en arco composto, mentres que Luís Domínguez lograba clasificarse para as eliminatorias. Rubén Ramos Vila tamén lograba clasificarse para as eliminatorias sendo eliminado polo ex campión do mundo Miguel Alvariño, completando a expedición barquense Manuel Real Guntiñas na modalidade de arco olímpico recurvo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button