ConcellosÚltima hora

A base dos grupos de emerxencia da Gudiña, recibe a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

Tivo lugar no día de hoxe 6 de agosto, ás 13:00 horas

 

Saúdo do vicepresidente.

 

A base de Protección Civil e do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES), recibiu a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Tivo lugar no día de hoxe, día seis de agosto, ás 13:00 horas.

Esta visita tivo lugar debido a que a Xunta está a colaborar este ano cun total de 39 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para prestar asistencia aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Os voluntarios ocúpanse, entre outras funcións, de patrullar as rutas que pasan polo seu termo municipal e concellos limítrofes e atender aos camiñantes por cuestións propias de protección civil: axuda personalizada, traslado de feridos ou primeiros auxilios.

 

 

Así, ademais do vicepresidente da Xunta, acudían o alcalde da Gudiña, José María Lago; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; e o director xeral de Emerxencias de Galicia, Santiago Villanueva. Aproveitando este encontro, as autoridades visitaron o albergue da Gudiña, cuxa capacidade é de 24 persoas e ten un custo de 6 euros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close