CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A Biblioteca da Rúa celebra o Día do Libro con lecturas en galego do Quixote e xogos

Arredor dunha das obras universais da literatura, “O Quixote” de Miguel de Cervantes, xiraban os actos cos que se celebraba o Día do Libro o 23 de abril na Biblioteca da Rúa. Uns trinta nenos, de diferentes idades, da Ludoteca municipal lían un “Quixote” en galego, adaptado para os máis pequenos.

Os cativos tamén participaban en diversas propostas lúdicas como a do sobre sorpresa, consistente en buscar no citado libro a primeira e famosa frase coa que Cervantes lle deu comezo á obra. Despois tiñan que formar coas palabras que contiña o sobre esa frase nun panel. Ademais os nenos xogaron a coñecer os personaxes principais do Quixote cun xogo de memoria (facendo parellas), tamén houbo sopas de letras, debuxos e un photocall.

Fotos: Biblioteca Municipal da Rúa.

dav

Artigos relacionados

Back to top button