CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca da Rúa lanza un “reto” para celebrar dende casa o Día do Libro

Para participar en #QuedoNaCasa! só hai que enviarlle unha foto ou un vídeo lendo un libro á biblioteca ao longo desta semana

 

Ante á situación de confinamento actual, a Biblioteca do Concello da Rúa propón un xeito diferente de unirse para celebrar o vindeiro 23 de abril o Día do Libro. “Trátase da actividade/reto #QuedoNaCasa!, para que participen ao longo da semana dende casa tanto nenos como maiores. Cada lector pode escoller o libro que desexe”, explican dende a biblioteca. Para facelo tan só hai enviar ao correo ou ao facebook da biblioteca (ver fotografía inferior) unha foto ou un vídeo (dun minuto aproximadamente) lendo un libro.

“En anos anteriores, para esta data tiñan lugar na biblioteca, diversas actividades tanto para pequenos como para maiores. No 2019 contamos con Manu coa actividade “Contos do Mundo”, na que participaron os alumnos de primaria do Colexio Pablo VI. No maratón de lectura do “Quijote” participaron os alumnos de ESO do IES Cosme Lopez. Neste ano atípico, non queda máis remedio que celebralo dende casa”, explican dende a Biblioteca da Rúa. Ademais animan a pequenos e maiores a sumarse a este reto.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button