CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca de Trives incorpora novos libros infantís de galego

 

Os fondos bibliográficos cos que conta a Biblioteca de Trives veñen de ampliarse grazas a unha subvención por importe de 492 euros da Xunta. “É froito do traballo previo de estudo, preparación de propostas e, en definitiva, de aproveitar cada axuda, cada subvención e cada convenio ao que o noso concello poida ter acceso. Non é unha grande cantidade, pero sí importante para pouco a pouco renovar, aumentar e contar con máis variedade”, explican dende o Concello da Pobra de Trives.

Tras a recepción desa axuda, procedíase a realizar unha selección bibliográfica “centrada en libros en galego de categoría infantil coa finalidade de fomentar a nosa lingua entre a poboación máis xoven”. E, neste momentos, eses novos libros xa están á disposición dos usuarios da biblioteca.

Artigos relacionados

Back to top button
Close