OurenseÚltima hora

A Biblioteca de Verín acollerá os días 29 e 30 de marzo as “II Xornadas de Novela Histórica”

Neste encontro contarase con ponentes de referencia neste xénero como o último Premio Planeta, Santiago Posteguillo

Nos días 29 e 30 de marzo Verían será un referente no mundo da novela histórica. A súa biblioteca municipal acollerá a segunda edición das  “Xornadas de Novela Historica”, que contarán coa participación de destacados nomes dentro deste xénero, entre eles o último Premio Planeta, Santiago Posteguillo.

O principal obxectivo é realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos dos autores deste tipo de novela e ás temáticas históricas que os inspiran. Tras o éxito da pasada edición, este ano manterase o formato inicial deste proxecto, contando de novo coa presenza do novel escritor Alejandro Corral, (El cielo de Nueva York. G. Planeta 2015), que dará continuidade ao apartado formativo da iniciativa programado na anterior edición con gran aceptación do público co Taller intensivo de escritura creativa “Técnicas Narrativas”. Nesta ocasión, A. Corral disertará sobre como converterse en escritor e chegar a publicar unha novela.

Tamén destacada será a presenza do Premio Planeta, Santiago Postegillo, que participará na mesa redonda “Novelas históricas sobre la Hispania romana”, moderada polo catedrático de Filoloxía Grega, Antonio Piñero- que levará por título. Tamén estará nela Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e polo autor galego Francisco Narla. Ademais Posteguillo presentará a súa obra premiada pola editorial Planeta Yo, Julia.

Os reputados escritores e profesores José Calvo Poyato e José Luís Corral tamén regresan ás xornadas verinesas. No caso de Calvo Poyato, ademais da súa participación en varias mesas redondas presentará a conferencia “El último tesoro visigodo: un hallazgo extraordinario”; por outra banda, J.L. Corral. dará a coñecer o seu último traballo sobre “os Austrias”, que completa a súa triloxía escritores.

Como novidade nesta edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias.

 

Artigos relacionados

Back to top button