CulturaCulturaEducaciónSen categorizarÚltima hora

A Biblioteca de Verín, distinguida co “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo”

Este galardón venlle de ser outorgada polo presidente do Parlamento Europeo polo seu “conxunto de actividades ao fomento á lectura cunha especial sensibilidade ás accións transfronterizas”
Actividade infantil na Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.

O labor que realiza a Biblioteca Municipal de Verín vén de ser premiado cun novo recoñecemento. Trátase do galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo”. Esta distinción, outorgada por Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo, vén de serlle comunicada por carta postal.

Na misiva a institución enxalza as actividades enfocadas ao fomento á lectura organizadas polo centro, cunha especial sensibilidade ás accións transfronterizas. Nesta ocasión prémiase o seu labor no eido do fomento da lectura pola iniciativa transfronteiriza, cultural e de convivencia cos nenos e nenas da veciña localidade de Chaves: “Convive coas linguas”. Trátase dunha actividade que terá lugar precisamente mañá soves 23 de agosto (de 11 a 12 horas) coa participación dun grupo de nenos de Chaves. Será unha xornada de contacontos (de Carlos Casares, María Victoria Moreno xunto con outros relatos en lingua portuguesa) e manualidades coa asistencia duns 40 rapaces desta localidade lusa, que se desprazarán á Biblioteca de Verín.

Tajani pon de manifesto no seu escrito a importancia da convivencia e a transmisión cultural que realiza a Biblioteca do Concello de Verín cos seus nenos e nenas voluntarios, saltando unha fronteira invisible. A actividade pola que se lle outorga este novo recoñecemento, “Convive coas Linguas”, será organizada conxuntamente coa Eurocidade Chaves – Verín e a Divisão de Desenvolvimento Social e Cultural da Cámara de Chaves.

Artigos relacionados

Back to top button