CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca de Verín, entre as dez mellores de España en concellos de menos de 50.000 habitantes

Esta mañá tiña lugar o acto de entrega virtual do premio de animación á lectura María Moliner 2020.

Seguimento do acto de entrega de premios virtual dende a Biblioteca de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

A Biblioteca Municipal de Verín vén de ser seleccionada entre os 10 mellores proxectos de animación á lectura de toda España dentro da XX Campaña ‘María Moliner’ para municipios de menos de 50.000 habitantes (que convocan o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)) pola súa iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura”. Deste xeito, a Biblioteca verinesa recibirá 10.000 euros financiados polo Ministerio de Cultura e Deporte, que serán destinados á compra de libros e/ou publicacións periódicas.

Co fin de recoñecer o labor que desde a biblioteca pública dese municipio veuse desenvolvendo, o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) organizaba esta mañá un acto de entrega en Centro de Cultura de Soto del Real. Dadas as presentes circunstancias sanitarias derivadas da pandemia COVID19, o acto contou cun aforo moi limitado, de modo que a participación de representantes institucionais e bibliotecarios foi en liña.

No decurso do acto proxectábase un vídeo con material gráfico e imaxes sobre os proxectos de animación á lectura realizados nas devanditas bibliotecas públicas premiadas e a intervención dos distintos asistentes. No caso do Concello de Verín contouse coa presenza en liña da concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza; e dos responsables da biblioteca, Vicente Rodríguez Xusto e Aurora Prieto Tarrio.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, quixo poñer en valor o “traballo, esforzo e perseveranza do persoal que traballa na biblioteca» e explicou que volver recibir este premio «supón un gran orgullo para todos os verineses que non fai máis que reafirmar o importante labor realizado desde a Biblioteca Municipal de Verín, no que ao fomento da lectura se refire”.

Na campaña de 2020 presentáronse un total de 562 proxectos, dos que foron seleccionados un total de 310. A comisión de selección destacou do “Proxecto de Voluntariado Cultural con rapaces/zas para o fomento á lectura” da Biblioteca de Verín o Premio Nacional María Moliner, a “claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade”. Ademais, de valorar “a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que contén a proposta”.

 

 

Voluntariado cultural con rapaces para o fomento da lectura

O da Biblioteca de Verín é xa un proxecto consolidado, que xurdiu fai doce anos e que a converteu nun referente cultural na localidade, realizando un gran número de actividades variadas e de calidade grazas á colaboración de mozos voluntarios.

Destaca pola súa relación transfronteiriza levando as actividades da biblioteca a aldeas próximas de Portugal e polas súas actividades interxeracionais e con colectivos en risco de exclusión social. Ao longo destes anos, foron máis de 600 actividades de fomento á lectura, onde tamén tiveron cabida, multitude de conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos e coma non ou servizo estrela do verán que é a Biblio-Piscina e Biblio-Rúa, servizos tamén atendidos polos Voluntarios dá Biblioteca.

Artigos relacionados

Back to top button