CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca de Verín organiza unha videoconferencia de Víctor F. Freixanes e Montse Pena Presas sobre Xela Arias

 

O vindeiro 7 de abril, ás 11:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín organizará unha videoconferencia temática sobre Xela Arias da man de Víctor F. Freixanes (presidente da Real Academia Galega) e de Montse Pena Presas (profesora da USC, crítica literaria, escritora e biógrafa de Xela Arias).

Con este evento, a Biblioteca Municipal de Verín únese a serie de recoñecementos que se lle brindarán á autora sarriana durante o presente ano, no que a Real Academia Galega acordou que Xela Arias será a persoa homenaxeada nas Letras Galegas de 2021.

Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003), está considerada unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea pero que tamén tivo carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos.

A videoconferencia comezará cunha breve introdución sobre as mulleres na RAG a cargo de Víctor F. Freixanes e logo tomará a palabra Montse Penas, que presentará o seu traballo “Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias”, ed. Galaxia.

Trátase dun “rigoroso estudo da poeta de Sarria a cargo dunha das analistas literarias máis importantes do noso país, que percorre a vida e a obra de Xela Arias dende o seu nacemento en Sarria ata o derradeiro dos seus días. Unha vida e unha obra marcadas pola heterodoxia dunha muller que non desexaba ser categorizada en correntes ou escolas de ningún tipo”, segundo sinalan dende a Biblioteca de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button