CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca de Verín reabre mañá luns o servizo de préstamo e devolucións

Instalacións da Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

 

A Biblioteca Pública Municipal de Verín retomará mañá luns os servizos de préstamos e devolución de libros que pasarán unha corentena de 14 días antes de estar dispoñibles novamente para outros usuarios, segundo indicou os responsables das instalacións.

A devolución dos libros poderase realizar no horario habitual da biblioteca (de 10h. a 13:30h. e de 16:30h. a 19:30h.), quedando reservadas de modo exclusivo para as persoas maiores as franxas horarias de 11:30 a 12:30 e de 18.30 a 19:30 horas

No que se refire aos préstamos de libros, as persoas interesadas poden consulta no Catálogo da Biblioteca: www.bibliotecadeverin.es apartado OPAC. Unha vez feita a solicitude, a usuario recibirá unha cita previa para recoller o libro ou libros seleccionados.

Artigos relacionados

Back to top button