CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca de Verín, un motor de lecturas e dinamización cultural

Preséntase o balance de actividade do 2015 desta instalación cultural
Unha das actividades de dinamización da lectura da biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.
Unha das actividades de dinamización da lectura da biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

Con datos moi positivos se presenta o balance que de actividade da Biblioteca Municipal do Concello de Verín ao longo do 2015. Nel “mantén a súa tendencia á alza respecto de anos anteriores tanto en préstamos e número de socios, como nas actividades de fomento de lectura e dinamización que superan nun 115,8% ás programadas no ano anterior”, segundo se destaca dende o Concello de Verín.

Increméntanse os fondos (tanto por unha maior dotación económica como recepción no 2015 do lote de libros do premio María Moliner 2014) e tamén o número de préstamos. “Mantense a tendencia á alza cun rexistro de 5.467 libros prestados no 2015, o dato maior en toda a serie histórica da Biblioteca Municipal de Verín. Mentres que o préstamo adulto mantense practicamente na mesma tendencia, podemos apreciar que é o préstamo infantil o causante deste notable incremento. Este dato pon de manifesto que todas as tarefas de fomento da lectura en idades cativas dan o seu froito”, aseguran dende o Concello de Verín.

O etnólogo José Rodríguez Cruz, nunha conferencia impartida recentemente na Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.
O etnólogo José Rodríguez Cruz, nunha conferencia impartida recentemente na Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

Tamén se aprecia un incremento no número de socios: con 364 novos socios, roldando a !excelente cifra de 3.000 persoas adscritas ás instalacións”. Dende o Concello de Verín destácase asemade que son as actividades de fomento da lectura e dinamización da Biblioteca Municipal “as que experimentan unha evolución máis pronunciada cun incremento dun 115’8% no 2015 con respecto ao ano anterior. Este aumento vén dado, en gran medida, polo importante número de conferencias e presentacións de libros que a Biblioteca Municipal organizou durante este último ano e que atraen a un gran número de persoas as instalacións”.

Artigos relacionados

Back to top button