CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca do Barco amosa o seu fondo antigo para celebrar o Día do Libro

Consérvanse libros do século XIX, que agora se dan a coñecer a través de fotos e dun vídeo nas redes sociais desta biblioteca

 

Ademais do seus libros de préstamo e do seu fondo local, a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco conserva un patrimonio bibliográfico moi especial. Trátase dun prezado fondo antigo con libros de diversa temática do século XIX e de diferentes linguas.

“Contamos con libros de 1836, de 1892, outros son máis recente, de anos como o 1931”, destacan dende a biblioteca barquense. No marco da celebración o vindeiro xoves 23 de abril do Día do Libro, esta biblioteca vén de realizar unha pequena mostra bibliográfica a través do seu facebook para achegar e compartir este fondo “con todos os veciños. Está composto por libros de tódolos xéneros”.

 

 

Dese fondo forman parte títulos como “Animales insectívoros” de Miguel Bleach y Burunat, 1892;  “Elocuencia y poesía castellanas” .- Cayetano Vidal de Valenciano, 1898;  “Ángel Pitou”.- A. Dumas (padre), 1863;  “Monsieur Jean”.- Ferdinand Fabre, 1886; “Elementos de matemáticas” por Atanasio Lasala y Martínez, 1890.

 

 

Hai outros de primeiros do século XX como: “Romanticismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía e Pondal” de Ramón Otero Pedrayo, 1931; “Once primos” de M. Alcott do ano 1952,
etc…

“A idea era organizar, como outros anos, diversas actividades de cara a esa data, pero dada a situación actual non é posible, así que quixemos manter a conmemoración, pero doutro xeito, dando a coñecer este fondo, que malia que non se pode prestar, si se pode consultar”, explican dende a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

Máis información:
https://www.facebook.com/Biblioteca-PM-Florencio-Delgado-Gurriarán-706367689487478/

Fondo antigo

Publicada por Biblioteca Pública Municipal do Barco de Valdeorras en Martes, 21 de abril de 2020

Artigos relacionados

Back to top button
Close