CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A Biblioteca Municipal de Verín rescata do aburrimento á “princesa rosa”

Nesta instalación cultural tiña lugar na tarde do 13 de abril unha actividade de manualidades e contacontos titulada “Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?”

Co seu vestido rosa e o seu armario cheo de prensas rosas, a princesa Carlota preguntábase por que non podía vestir doutras cores. Ou por que non había princesas que se enfrontasen a dragóns ou sulcasen os mares na procura de aventuras. Carlota é a protagonista do libro “Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?”,  de Raquel Díaz Reguera. Nesta obra infantil baseábase a actividade de manualides e contacontos que se desenvolvía na tarde do 13 de abril na Biblioteca Municipal de Verín.

Nela participaban unha vintena de nenos de entre 3 e 9 anos que realizaban unha manualidade en forma de mural e usando materiais reciclados. Logo viña unha sesión de contacontos. Ambas propostas estaban coordinadas por por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

 

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button