DeportesÚltima hora

As bicicletas de montaña conquistan Larouco

Uns 180 ciclistas danse cita na IV Ruta BTT Jabalíes

Nunha calurosa e luminosa mañá de domingo (12 de xullo), en torno a 180 ciclistas de diferentes puntos de Galicia (Valdeorras, Monforte…) e tamén de Castela (Ponferrada, Bembibre…) dábanse cita na IV Ruta BTT organizada polo Club Jabalíes de A Rúa en colaboración co Concello de Larouco.

O lugar, o centro da localidade, diante da Casa do Concello de Larouco, punto de partida e meta da ruta non competitiva que levaría aos participantes por boa parte dos montes deste concello valdeorrés, ata completar os aproximadamente 29 quilómetros da ruta curta con tres bucles e os preto de 40 da longa, con “dous avituallamentos, un de líquidos e outro de sólidos” tal como explicou o presidente do club, Santiago Pimentel, antes de dar a saída a marcha.

A xornada completábase coas duchas e o xantar no pavillón polideportivo.

Fotos: Carlos G. Herverlla

Artigos relacionados

Back to top button