ConcellosÚltima hora

A billarda e San Xoán de Río, protagonistas do programa “Convivir Deportivo” da Radio Galega

Este espazo gravarase na tarde do vindeiro 23 de outubro no salón de plenos deste concello

Imaxe dunha proba de billarda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O deporte tradicional da billarda e o municipio de San Xoán de Río convertiranse en protagonistas do programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”. Este espazo, que presenta Alfonso Pardo, gravararse o vindeiro mércores 23 de outubro ás 18h. no salón de plenos do Concello. A entrada é gratuíta para todos os que queiran asistir.

“Neste programa falarase de billarda e de San Xoán de Río. A xente terá a oportunidade de ver como se grava un programa de radio e de descubrir o deporte da billarda e o concello de San Xoán de Río”, destaca o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close