Entroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

A Boa Festa e o Mago Javier Muro amenizan a festa infantil do Entroido no Barco

 

Mañá, martes 25 de febreiro, é o día grande do Entroido no Barco de Valdeorras, co desfile de comparsas e folións previsto para as cinco e media da tarde no que se concentrarán centos de persoas ao londo da vía principal da vila. Pero hoxe, luns día 24, os nenos foron os protagonistas da festa celebrada no pavillón vello.

Alí, dende as cinco da tarde, A Boa Festa amenizou o baile ao que asistían numerosos cativos disfrazados e acompañados por familiares. Na festa non faltou a sesión de karaoke nin a maxia que puxo Javier Muro e que encandilou aos cativos atentos a cada truco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button