CulturaCultura

A bordo do Hespérides

O xornal O Sil, na Antártida da man do valdeorrés Manuel López

ManuelLópezO SILnaantartida bahía sur 3

Partía rumbo ao Polo Sur o pasado 13 de novembro. Unha longa viaxe a bordo do buque oceanográfico Hespérides que o hidrógrafo Manuel López, natural de Rubiá, realizaba como membro do equipo da Campaña Antártica Española 2012-2013 (formado por un cento de persoas). Unha longa viaxe, pero tamén unha dilatada estadía de seis meses e medio (que coincidiron co verán austral) que remataba o 22 de maio coa chegada ao porto de Cartaxena.

Neste tempo desenvolvéronse 21 proxectos de investigación, dos que 12 se fixeron nas basas antárticas españolas Juan Carlos I e Gabriel de Castilla, 6 a bordo do Hespérides e outros 3 en instalacións antárticas doutros países, segundo os datos do Ministerio de Economía e Competitividade.

Para Manuel López era a súa segunda experiencia na Antártida, tras participar na campaña realizada no 2010, e nesta ocasión quixo ter un recordo moi especial para o Periódico O Sil, e, por tanto para o todo o que este proxecto xornalístico representa como medio de comunicación de Valdeorras e da provincia de Ourense. E simbolicamente levou a imaxe de O Sil, e con el a súa comarca, polos lugares da Antártida nos que desenvolveu o seu traballo. En nome dos nosos lectores e tamén do periódico expresámoslle o noso agradecemento.

Texto: A.R. Foto: Cedida por Manuel López

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button