ConcellosEn portadaÚltima hora

A borrasca Elsa causa incidencias en Valdeorras

Árbore arrincada polo vento na Rúa./ Foto cedida.

 

A borrasca Elsa estase deixando sentir ao seu paso pola comarca de Valdeorras. Ás chuvias, coas que os ríos volven incrementar preocupantemente o seu caudal en casos como o Sil ao seu paso polo Barco, súmase agora o forte vento que causou diversos incidencias como a caída de árbores en vilas como A Rúa (tal e como pode verse nestas imaxes, tomadas no patio do IES Cosme López) e mesmo partiu algunha persiana en vivendas nesta madrugada.

 

Outra imaxe da árbore arrincada polo vento no patio do IES Cosme López da Rúa. /Foto: Gabino Fariñas.

 

No caso do Barco tamén se rexistraban catro incidencias polo temporal, segundo o 112 Galicia.

Ourense

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Ourense informaba nesta mañá da caída de 37 árbores en 26 localizacións da cidade. “A combinación da forza do vento, o peso da auga nas follas das árbores e a pouca capacidade do solo -saturado de auga polas constantes choivas destes últimos días- provoca que as especies coníferas e as frondosas de folla perenne sexan máis vulnerables ás caídas”, tal e como informan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button