OurenseÚltima hora

A Cabalgata de Reis de Ourense rematará este ano no Posío

Sairá ás 18 horas da estación da Ponte, avanzará pola avenida das Caldas e percorrerá toda a rúa do Progreso

 

Chegan os Reis á cidade de Ourense. Mañá, mércores 5 de xaneiro, a Cabalgata real sairá ás 18 horas da estación da Ponte, avanzará pola avenida das Caldas e percorrerá toda a rúa do Progreso ata rematar no Xardín do Posío. Así, esta tradicional cita do Nadal recupera neste 2022 o seu tradicional formato dinámico, percorrendo a cidade, aínda que incorpora cambios no seu percorrido para adaptarse mellor ás circunstancias derivadas da pandemia da COVID-19.

De feito, finalmente, non haberá a tradicional recepción na praza Maior. As persoas que desexen ver o paso dos Reis e a súa comitiva poderán facelo ou ben na avenida das Caldas ou na rúa do Progreso. Estas son as dúas rúas máis axeitadas por ser as máis anchas, onde resulta máis doado manter as distancias de seguridade requiridas pola pandemia da COVID. Neste senso, a organización incide na necesidade de que o público respecte as medidas sanitarias: o uso de máscara e a distancia de seguridade.

Previsión de horarios

As súas maxestades Os Reis Magos chegarán á cidade de Ourense no novo tren de alta velocidade ás 17:30 horas. Ás 18:00 sairán da estación para iniciar o seu percorrido pola Avenida das Caldas, chegarán sobre as 18:30 horas á rúa do Progreso, que percorrerán integramente, e prevén chegar ao Xardín do Posío ás 19:15 horas. A Cabalgata será rtransmitida en directo pola canle do Concello en YouTube.

 

Artigos relacionados

Back to top button