ConcellosO BarcoÚltima hora

A Cabalgata de Reis do Barco será, por segundo ano, na praza do Concello

O programa de Nadal deste concello inclúe propostas musicais, teatrais, cine e deporte

Cabalgata de Reis do pasado Nadal na praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

A Concellería de Cultura do Barco, cuxa responsable é Margarida Pizcueta, presentaba na mañá deste luns 13 de decembro a súa programación de Nadal, cuxos primeiras propostas serán o Mercadiño de Nadal (18 e 19 de decembro na praza do Concello) e o concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música o 21 de decembro.

Ademais proxectaranse 10 filmes no Teatro Lauro Olmo e poderán verse propostas teatrais como “Un desastre de función” da compañía valdeorresa Gargallada Teatro os días 17 e 18 de decembro. Tamén haberá espectáculos destinados ao público infantil e familiar como “O Nadal máis máxico” o 28 de decembro , “Xampatito, pato só” o día 29, a visita do Apalpador o 30 de decembro ou ese mesmo día “Lázaro de Tormes”.

 

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta./ Cedida.

 

Outro referente do programa será a cabalgata de Reis que, por segundo ano consecutivo, será estática e situarase na praza do Concello a partir das 18:30h.

Ademais haberá propostas lúdicas como o tren do Nadal e inchables ao longo das datas festivas na praza do Concello e no pavillón vello. Por outra banda, no apartado deportivo incluírase a XIV Carreira do Turrón o 22 de decembro con saídas a partir das 20h. dende a praza de Andrés de Prada.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button