ConcellosÚltima hora

A cabalgata de Reis percorrerá O Barco o 5 de xaneiro a partir das 17:30h.

Imaxe da cabalgata de Reis o pasado ano no Barco./ Foto: A.R.

 

Dende a estación de autobuses do Barco partirá, un ano máis, a tradicional cabalgata de Reis o vindeiro 5 de xaneiro. As súas maxestades chegarán a este punto e subiranse as súas carrozas para iniciar, arredor das cinco e media da tarde, un longo percorrido pola vila, boa parte del pola avenida Conde Fenosa, que concluirá na praza do Concello. Isto suporá, tal e como informa a Policía Local, que durante o traxecto serán cortadas varias rúas ao tráfico.

Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos polo alcalde barquense e dirixirán unhas palabras a nenos e maiores.

 

Artigos relacionados

Back to top button