CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A Cabalgata de Reis reta á chuvia na Pobra de Trives

 

Retando á chuvia que caía puntualmente e en forma de traboada, e a pesares do coronavirus, fieis á cita cos máis pequenos da vila os Reis Magos protagonizababan a tarde deste mércores 5 de xaneiro na Pobra de Trives.

 

Os Reis Magos antes de comezar a Cabalgata en Trives. Foto cedida.

 

Nun luxoso carruaxe tirado por dous fermosos cabalos brancos e detras doutro no que ían os seus fieis paxes, Melchor, Gaspar e Baltasar, saían en torno ás cinco da tarde do Concello facendo un percorrido polas rúas, coordinado por Protección Civil, que remata na praza do Concello, repartido caramelos aos máis pequenos.

 

Nesta ocasión, Reis e pazxes facían o percorrido en carruaxes.

 

Unha vez alí e por medidas preventivas anticovid serán nesta ocasión eran unicamente os Reis quenes despedían aos pequenos dende o balcón, omitindo a recepción e a interacción persoal.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella excepto aprimeira da galería que é cedida.
Vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button