PolíticaÚltima hora

A cabeza de lista da Marea Galeguista por Ourense, Milagros Corral, acode a votar en Bóveda (Amoeiro)

Chegaba á mesa electoral ás 11:30 horas acompañada dos seus pais

A cabeza de lista da Marea Galeguista pola provincia de Ourense, Milagros Corral, acudiu ás 11:30h. a votar ao seu colexio electoral na parroquia de Bóveda (concello de Amoeiro) acompañada dos seus pais.

 

Milagros Corral no momento de introducir o voto na urna.

 

Ao saír de votar, sinalou que “o primeiro que me gustaría é animar a toda a xente para que vaia votar porque estamos nun momento crucial. Temos a oportunidade de dar un xiro de 180 graos e que Ourense e Galicia saian do inmobilismo. Esperamos que toda a xornada se desenvolva sen incidentes e mandámoslle unha aperta e moitos azos aos veciños de A Mariña, esperando que a situación pola que están a pasar remate pronto”.

Artigos relacionados

Back to top button