PolíticaÚltima hora

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, destaca que “é máis importante que nunca ir a votar”

Chegaba á mesa electoral situada na Galiña Azul-Colón da capital ás dez da mañá "convencida de que as medidas de seguridade son as necesarias e suficientes"

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, animou a toda a veciñanza de Ourense e de Galicia a “acudir a votar en masa nesta xornada electoral cumprindo todas as medidas de seguridade socio-sanitaria”. Presas sinalou que neste contexto, despois da crise do coronavirus, “é esencial elixir libremente que aposta escoller para o futuro do noso país e o modo no que saímos desta crise que tamén será económica, ademais de sanitaria e social.”

 

Noa Presas depositando o seu voto.

 

A cabeza de lista da formación nacionalista exerceu o seu dereito a voto a na mesa da Galiña Azul-Colón da capital ourensá ás dez da mañá, “convencida de que as medidas de seguridade son as necesarias e suficientes”. “Que non se deixen levar polos calores que temos hoxe en Ourense” indicaba a candidata sorrindo mentres animaba á veciñanza a ir a votar nestes comicios “con confianza”

 

 

Neste momento, segundo sinalou Presas, “nas mesas electorais están funcionando as medidas de seguridade e está habendo un bo ambiente nos colexios electorais. Neste contexto e despois da crise do coronavirus é máis importante que nunca ir a votar e que decidamos cada un de nós libremente que aposta queremos escoller para o futuro do noso país para saír adiante”, recalcou Presas.

Artigos relacionados

Back to top button