EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A calor non frea aos miles de asistentes á Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras

Comezaba ás 20:30 horas e prolongábase ata altas horas da madrugada

 

 

Como xa é tradición, no calendario dos valdeorreses e turistas, está reservado o primeiro sábado de agosto á Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras. Esta celebración comezaba ás 20:30 horas, estreando lectores QR para as entradas, as cales este ano se vendían online, aínda que tamén se podían comprar en taquilla por un euro máis. “Tanto o novo método de venda de entradas, como as redes sociais e a nova app, funcionaron moi ben”, afirmaban dende a organización.

 

 

As entradas ao recinto non se taponaron tanto grazas a este cambio, e os asistentes ían chegando, en grupos grandes, pequenos ou en parella. O viño fresco e os variados pinchos volveron atraer ás 4 000 persoas, que, cos seus panos granates, percorreron as 44 covas, divididas en sete zonas: O Mazo, Os Barreiros, Mirador, Justino Fernández, O Valadal, O Caño e A Reza. Estas 4 000 persoas non só eran valdeorresas, senón que chegaban de distintas partes, como Madrid, Asturias, País Vasco, Francia, Castela A Mancha, Rías Baixas, Lugo ou A Coruña.

 

 

Así, entre as charangas Os Februdos e Airiños de Candelas, e a batucada Lucha de Gladiadores, foi transcorrendo esta tarde-noite de 3 de agosto. Ás 00:00 horas, os coveiros ían pechando as súas covas para que os asistentes se dirixiran á zona das piscinas. Alí, a orquestra Fénix e a discoteca móbil Disco Stuu, foron as encargadas de facer bailar á xente ata altas horas da madrugada.

 

Batucada Lucha de Gladiadores.

 

Durante a actuación da orquestra.

 

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button