EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña “Bono Activa Comercio” porase en marcha a partir de mañá

Funcionará a través dunha aplicación móbil ofrecendo descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30, así como descontos de 10 euros se son iguais ou superiores a 50 cun período de validez de tres meses desde o seu lanzamento, previsto para principios de maio

Publicidade
O conselleiro de Economía anunciando a posta en marchan do “Bono Activa Comercio”.

 

No decurso dun webinario informativo celebrado esta mañá con representantes do comercio galego presentábase o Bono Activa Comercio ao que, desde mañá, xoves 15 de abril, se poden adherir os establecementos interesados.

“Trátase dunha medida necesaria no contexto actual, onde os efectos da pandemia en sectores como o comercio teñen un enorme impacto e requiren da reacción inmediata das diferentes administracións, así como de medidas de acompañamento”, aseguraba o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. Ademais engadía que “esta iniciativa de dinamización permitirá incrementar as vendas do comercio, ao tempo que os bonos de desconto outorgarán unha maior capacidade de compra aos consumidores”.

O vicepresidente económico, que destacaba a colaboración da Federación Galega de Comercio nesta medida, explicaba que conta cun orzamento de 10M€ que se repartirán en bonos de desconto de 30 euros dos que se poderán beneficiar ao redor de 330.000 clientes. Preténdese mobilizar 55M€ para dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade de toda Galicia e contribuír, deste xeito, á súa reactivación.

Este bono funcionará a través dunha aplicación móbil ofrecendo descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30, así como descontos de 10 euros se son iguais ou superiores a 50 cun período de validez de tres meses desde o seu lanzamento, previsto para principios de maio.

Tal e como lembrou Conde, esta iniciativa forma parte do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego que contará con 20M€ en axudas para incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.

Artigos relacionados

Back to top button